viernes, 6 de julio de 2012

jueves, 5 de julio de 2012

Sen título

Lapis de grafito sobre papel de desfeita

Sen título

Lapis de grafito e lapis alpino sobre papel de desfeita

Sen título

Lapis de grafito sobre papel de desfeita

miércoles, 4 de julio de 2012

Sen título

Observa cada unha das imaxes por separado

Sen título

Lapis de grafito sobre papel

Sen título

Lapis de grafito sobre papel

viernes, 1 de junio de 2012

Ruxe-ruxes

1
O home do sombreiro levaba un pantalón verde; o de cabelo cano ollaba o reloxo con frecuencia; a muller que estaba a súa dereita era zurda e a que estaba enfrente lía unha revista de moda; todos tomaban café, agás o que se sentaba xunto á fiestra que bebía un refresco de laranxa...


2

Un home delgado ía en bicicleta, levaba unha camiseta azul e unhas zapatillas descoloridas; cicais tamén levaba gafas ou un sombreiro; non me lembro ben, pero era luns, non chovía e na canle 973 repoñían unha película de Anthony Quinn.

3
         Un pouco de misterio:
         Grupos de curiosos agardaban a súa quenda para situarse no punto exacto desde o que se vislumbraba a traverso dos cristais unha estrana figura, inmóbel no centro da galería de arte da rúa dos Almirantes.
         Desde calquera outra perspectiva a sá somellaba completamente baleira, tal como a deixaran os seus últimos propietarios. 


4
Cando pasaron por diante da tenda ollaron un para o outro e sorriron: entre os valiosos obxectos do diseño máis vanguardista expostos para a venta atopábanse unha botella de lexivia e unha fotonovela de Corín Tellado que mostraba sinais evidentes de ter pasado por moitas mans. Por fin atoparan algo que lles resultaba familiar...