martes, 22 de septiembre de 2009

Arquitectura

Rotulador sobre papel de desfeita

Capricho

Lapis de grafito sobre cartulina.
Antes de face-lo primeiro trazo góstame familiarizarme coa textura do papel, non iporta a calidade do mesmo, non importa que sexa de desfeita, é coma se, a traverso do contacto xurdira a forma por si mesma.

Comunicando


Pluma estilográfica sobre papel de desfeita

Vaso

Lapis de grafito e rotulador sobre papel de desfeita

Robot

Rotulador sobre papel de desfeita

Máscara


Lapis de grafito sobre papel de desfeita

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Homenaxe a Eugenio Granell

UN TEXTO DE ELABORACIÓN PROPIA PARA A PARTICIPACIÓN NUNHA HOMENAXE A EUGENIO GRANELL

“OS AUTÓMATAS DA QUINTA XERACIÓN”

por María Montaña

AUTÓMATA 1.- Desde o noso pazo inmenso e confortable, construído durante centos e centos de anos polos mortais cos seus soños e esperanzas, contemplamos impasibles ós homes coa axuda dos raios delta. Vémolos fuxindo de futuros incertos, creados por feroces máquinas estranas, para perderse en longas ringleiras infindas, os ollos estremecidos, resoando os seus berros desgarrados nunha noite escura, sen fin.

AUTÓMATA 3.- A salvo da saudade e das paixóns que os humanos se empeñan en cultivar, coa lucidez da perfección que nos foi dada polos propios homes, somos testemuñas da súa inútil rebeldía.

AUTÓMATA 12.- ¿Por que fuxen do seu propio mundo? ¿Cando perderon o norte do seu progreso? ¿Cando empezaron a añora-los prados, os verdes montes, a area, o mar o sol, a lúa, as estrelas, o arco da vella?

AUTÓMATA 10.- ¿Cando se decataron de estar encerrados entre as paredes da mecánica, a dinámica, a cinética, a cibernética, a ortografía, a hidraúlica, a física cuántica, a informática, a ortoxénese, a xenética, a monogamia...?

AUTÓMATA 2.- Agora fuxen coma negros; familias enteiras, nais, pais, fillos, netos, avoas de seos murchados, avós encorvados, todos atormentados supetamente polos ruídos que antes os arrolaron.

AUTÓMATA 1.- Vémolos fuxindo de futuros incertos, coma negros, acorralados agora polas súas propias obras, feitas coas súas mans delicadas ou coas súas torpes mans, enxendros que dan voltas e voltas e voltas.

AUTÓMATA 3.- Fuxindo para perderse para sempre nunha longa noite, escura, sen estrelas, sen fin, peregrinos nun mundo noxento, atrapados polas faces do nunca visto.

TODOS.- Fuxindo.

AUTÓMATA 2.- Fuxindo de máquinas estranas, capaces de crear futuros incertos, terribles: aspiradoras, lavavaixelas, ventiladores, videos, máquinas de coser, tocadiscos, lavadoras, locomotoras, televisores, teléfonos, aspiradoras, máquinas de coser, tocadiscos, lavadoras, locomotoras, televisores, aspiradoras, lavavaixelas, ventiladores, coitelos eléctricos, computadoras, locomotoras, ascensores, tocadiscos, máquinas de coser, muíños, ventiladores, videos, lavavaixelas, lavadoras, tocadiscos, máquinas de coser, computadoras...

AUTÓMATA 3.- Pobres humanos, fuxindo feroces, iracundos, cheos de espanto, xa sen poder chorar porque non teñen bágoas.

AUTÓMATA 4.- Fuxindo de máquinas estranas, enormes paxaros de aceiro que sobrevoan as augas fétidas nas que se acumulan vidóns, plásticos, bulsas de lixo, latas, papeis, cartóns, chapas, caixas, botes, botellas, bolas, boletíns, votos, botas, vocais, voces, bocetos, boquetes, botóns, bosta...

AUTÓMATA 12.- Bocas, bocados, bocinas, volantes, voluntarios, bolos, bois, boliches, borralla, volumes, bolígrafos, bondades, vontades, bostezos...

AUTÓMATA 1.- Fuxindo feroces, cos ollos estremecidos, famélicos, tremando famentos, feroces, felinos, frustrados, defenestrados, despilfarrados, desorganizados...

AUTÓMATA 5.- Fuxindo coma negros, mollados, resoando os seus berros no silencio da noite escura, sen mencer, sen porvir.

AUTÓMATA 3.- Fuxindo de futuros incertos e de feroces máquinas estranas para perderse nas longas soedades infindas, descontentos, destartalados, destetados, despóticos, desparramados, descarados, desconcertados, desgraciados, desbocados, despreciados, destruídos, despeñados, desempleados...

AUTÓMATA 4.- Correndo, despavoridos, para perderse na noite artificial xerada polo lixo espacial, case mortos, cos ollos estremecidos, berrando feroces diante dos artiluxios xordos, mecánicos, perfectos...

TODOS.- Correndo coma negros, perdidos.

AUTÓMATA 6.- Fuxindo de futuros incertos, sen estrelas que os guien, vixilados por miles de ollos artificiais, perfectos, secos, inexpresivos, prácticos, sintéticos, analíticos, cuantificadores, codificadores...

AUTÓMATA 8.- Correndo despavoridos, sen metas, formando longas ringleiras escuras, a cabalo uns, outros a pé, algúns case núos, atravesando os camiños abandoados, as leiras segadas, os ríos contaminados, os carreiros esquencidos...

AUTÓMATA 3.- A pé, a cabalo, a lombos de mula, furibundos, perseguidos por centos de reloxos dixitais, máquinas sumadoras, aspiradoras, lavadoras, locomotoras, computadoras, lavavaixelas, coitelos eléctricos, secadores de cabelo, neveras, modens, serras eléctricas, taladros, perforadoras, radares, teclados, voltímetros, contadores, amperímetros, decibelios, cabalos de vapor, soldadores, exprimidores, licuadoras, kilopondios, barridos...

AUTÓMATA 7.- Fuxindo de futuros incertos para perderse na soedade da noite sen lúa, sen metas, sen porvir.

AUTÓMATA 2.- Fuxindo feroces, cos ollos estremecidos, das soedades infindas creadas por máquinas estranas para perderse para sempre.

AUTÓMATA 4.- Fuxindo despavoridos de máquinas estranas, enormes: taladros, caladoras, reloxos, muíños, cepilladoras, empacadoras, lomoestes, cabalontas, contametas, verdómetros, pulidoras, barómetros, barrógrafos, monolitos, caixeiros, podadoras, auriculares, fonógrafos, chipes...

AUTÓMATA 6.- Fuxindo despavoridos de máquinas estranas, de paxaros de aceiro que sobrevoan as augas...

AUTÓMATA 1.- Fuxindo de futuros incertos, feroces, cos ollos estremecidos, desconcertados, desgraciados, desbocados, despreciados, desvinculados, despeñados, desempleados, mollados...

TODOS.- Fuxindo.

AUTÓMATA 2.- Estremecidos no ocaso bermello, bébedos de espantos, acosados polos temores sen nome, caíndo sobre as pedras grises para erguerse murchados, pero máis cheos de rebeldía que nunca.

AUTÓMATA 4.- En longas ringleiras, loucos de fame, ateridos de frío baixo a densa chuvia negra de parafusas, pinzas, xeringas, cornómetros, rodas, latas, libros, pilas, onomatopeias, coreografías, consentimentos...

TODOS.- Acosados polo sen-sentido, tremantes.

AUTÓMATA 9.- Reducidos polos centos de tocadiscos, os reloxos portentosos, os lavavaixelas, os videos, muíños, calculadoras, motores, mesas intelixentes, tragaperras, formigoneiras, montacargas, funiculares, afeitadoras, motoserras, malladoras, pianos eléctricos, microscopios, máquinas de frío, taladradoras...

AUTÓMATA 1.- Todo o acumulado polos homes durante anos e anos: cepilladoras, monecos a pilas, segadoras, radares, fotocopiadoras, taladros, grapadoras, muíños, cronómetros, aerógrafos, fonendos, impresoras, motores de explosión, camións-cisternas, entelequias...

AUTÓMATA 10.- Ascensores, cadeiras eléctricas, arcos voltaicos, pontes colgantes, xeo artificial, olas a presión, pianos mecánicos, teléfonos, lavadoras, tocadiscos, locomotoras, aspiradoras, conxeladores, segadoras, muíños eléctricos, fresadoras, tractores, sementadoras, fumigadoras, taladros, paleadoras, grúas, microondas, timbres, traxes rubricados, pulidoras, autoclaves, tacógrafos, polos, taladros, caladoras...

AUTÓMATA 3.- Fuxindo do desamor, dos cárceres invisibles, xordos, noxentos, rifando como feras por un pouco de áer fresco, de barro que se barra, ansiando a choiva fría.

AUTÓMATA 6.- Fuxindo de futuros incertos creados por centos de despertadores, tarxetas de crédito, faxes, contestadores, telescopios, contadores, televisores, pantallas panorámicas, proxectores, axendas electrónicas, cronómetros, microondas, vehículos teledirixidos, sulfatadoras, cortacéspedes, palas, lavadoras, ordeñadoras, desbrozadoras, auriculares, frigoríficos...

AUTÓMATA 11.- Ateridos polo medo ás palabras incomprensibles, á cibernética, ó espacio virtual, ós antivirus, ós estudos de viabilidade, ás estadísticas, ós logotipos, ós acrónimos, ós códigos barrados, ás larinxoscopias, ós parámetros, paralelos, parapentes, paraninfos, paramentos, parasortes, á fermosura fría...

AUTÓMATA 12.- Fríos, rencorosos, sen alento, bermellos de raiba, bébedos de espanto, coma formigas en ringleira camiñando de espaldas ó leste, sempre rodeados polos vertedoiros, o lixo...

AUTÓMATA 9.- Sempre volvendo, volvendo sobre os mesmos pasos para despois retornar á longa ringleira anónima e ve-las mesmas faces famentas dos que non teñen outra vontade que atopa-lo sol, o mar coas augas vivas, rir, xogar baixo arcos de cores, chorar, recoñecer faces amigas, cheira-las rosas, escoita-lo canto da rula ou dunha serea prateada...

AUTÓMATA 8.- Embarrados, cansos baixo o peso dos fardos invisibles da utopía, os soños, a saudade, os afectos e a memoria, camiñando en ringleiras, xordos, feos, feroces, felinos, ollando ó lonxe por entrever un mañán baixo un ceo de lúa crara.

AUTÓMATA 5.- Camiñando sobre os mesmos pasos que outros diron para despois non ser máis que pantasmas, noxentos, no ocaso, baixo a chuvia de pianos preparados, reloxos, tesouras, farolas, electroencefalogramas, escáners, radiadores, bombonas, despertadores, quentadores, queimadores, inxenios, portentos, manómetros, olas a presión, radiadores, despertadores, disquetes, sobornos, estadísticas, datos, micrófonos, cascos, magnetófonos, magnetoscopios...

AUTÓMATA 7.- Termostatos, diáfanos, decágonos, polígonos, marcapasos, electrodos, protectores de pantalla, teclados, parachoques, parasempres, pararraios, paramentos, paralogos, parameses, parafaces, parachinas, parazorros, paraporras, plataformas, siglas...

AUTÓMATA 2.- Sen casas de seu, sen nada que facer nen ninguén a quen rezar porque nada saben de certo sobre eles mesmos, do pracer, da dor, do amor ou da amistade. Fartos de cliclear, picar, navegar, rubricar, administrar, controlar, comprimir, compensar...

AUTÓMATA 4.- Reducidos os seus sentidos a portacabelos, negros e negras saqueados, retorcidos os dedos por medos indecibles, xorobados, rebotados, antipáticos, telúricos, locomoestes...

AUTÓMATA 1.- Fuxindo despavoridos nas escuridades, cos ollos estremecidos de espanto, loucos, doentes, doridos, sonámbulos...

AUTÓMATA 3.- Fuxindo, mulleres de seos murchados, homes cegos, todos violentos, violentados, violados, vixilados, desarmados. ¿Ata onde chegará a súa rebeldía?

AUTÓMATA 6.- Fuxindo despavoridos, como loucos, cos ollos estremecidos, da cor do sangue, trastornados, minimizados, desasosegados, abochornados, humillados, febrís, parapléxicos...

AUTÓMATA 8.- Fuxindo de futuros incertos, feroces, cos ollos estremecidos, coas faces demudadas, sen metas, estériles, vivindo sen sabelo o seu propio ocaso dun xeito caótico, anacrónico, opaco...

AUTÓMATA 5.- Fuxindo de soedades infindas, cos ollos estremecidos, feroces, despavoridos, retorcidos, rebotados, regateados, regados, rezongados, repelidos, relegados, recónditos, reprochados, regresados, removidos...

AUTÓMATA 11.- Fuxindo xa case mortos por entre as xestas, os toxos...

AUTÓMATA 5.- Polos desertos que eles mesmos fixeron, polos camiños esquencidos, polas veredas de antaño.

AUTÓMATA 10.- Fuxindo despavoridos de máquinas estranas, feroces, pesadelos tanxibles, piratas perseguidores...

AUTÓMATA 8.- Fuxindo despavoridos de futuros incertos, cegos, como criminais bébedos, empurrados por ducias de licuadoras, amasadoras, batidoras, grapadoras, aspiradoras, mopas, quentadores, tragaperras, pinzas, computadoras, cedés, mandos a distancia, radiadores, deshumidificadores, ventiladores, destiladoras, amplificadores, compactos, abrelatas, descodificadores, altavoces, cascanoces, anestésicos, barrógrafos, barrolitos, pantográfos, velocípedos, reostatos, chintófanos, satélites, centímetros, decálogos, antisépticos...

AUTÓMATA 11.- Fuxindo despavoridos, xa case mortos, errantes, cos ollos estremecidos, en longas ringleiras, tristes, azuis, sen alento, perseguidos, perturbados, perdidos, perxudicados...

AUTÓMATA 12.- Fuxindo despavoridos, furibundos, cos ollos estremecidos, das soedades infindas creadas por centos de olas a presión, agullas hipodérmicas, auriculares, letreiros luminosos, gráficos, cifras, pechaduras codificadas, acrónimos, misís, servidores, microchipes, altavoces, programas, sinfonías, pianos preparados, computadoras, quentadores, queimadores...

AUTÓMATA 9.- Fuxindo despavoridos, sen metas, cos ollos estremecidos, aturdidos, atolondrados, atontados, atestados, ateigados, atenazados, atemorizados...

AUTÓMATA 3.- Fuxindo de soedades infindas, cos ollos estremecidos, silenciados os seus berros por centos de máquinas estranas: bombonas, raios láser, farolas, cortadoras, portadoras, casadoras, mordedoras, sacabocados...

AUTÓMATA 2.- Fuxindo de soedades infindas, cos ollos estremecidos, case mortos, vivindo un ocaso interminable, infindo, indecible, intanxible, inmenso, infernal...

AUTÓMATA 5.- Fuxindo coma criminais de cárceres invisibles, sutís, gardadas por carceleiros sen face, acaso inexistentes, ocultos polas máscaras do progreso, do crecimento económico, da modernidade...

AUTÓMATA 4.- Fuxindo despavoridos, días tras día, cos ollos estremecidos, sen saber quen pode guia-los seus pasos ó vello paradiso simple, inxénuo, fermoso, verde, sen fume, sen temores.

AUTÓMATA 9.- Fuxindo de futuros incertos, suorosos, con pulmonías, febre, diarreas, bébedos, infelices, esquecidos, torpes, torpedeados...
(Tódolos autómatas falan á vez como se se lle foran acabando as baterías pouco a pouco)
AUTÓMATA 1.- Fuxindo furibundos das guerras estelares, das máscaras, bébedos de espanto, estremecidos polos pesadelos. Presionados na súa fuga por millares de datos, códigos de barras, referencias, informes, opas, monografías, números, gráficos, gramáticas, teosofías, litografías, especias, alopecias, diacronías...

AUTÓMATA 2.- Fuxindo cegos, despavoridos, deformes, das guerras galácticas, das máscaras metálicas, artificiais, dixitais; dos despilfarros, dos anfitrións, dos consellos, dos informes, anagramas, pentagramas, tangramas, ideogramas, cámaras...

AUTÓMATA 3.- Todos fuxindo despavoridos, estremecidos, furibundos, feroces, felinos, felpudos, feldespatos, felgondos, felípedos...

AUTÓMATA 4.- Fuxindo despavoridos de máquinas enormes e relocentes coma criminais bébedos, furibundos, rencorosos, rengos, renegados, derrengados, denegridos, degradados, denodados...

AUTÓMATA 5.- Fuxindo despavoridos, maldicindo a súa sorte, a que eles mesmos se otorgaron. Vémolos desde a nosa gran altura sofrir na escuridade, loucos, incapacitados, violentos, enfermos de medo, cegos, co sangue alborotado

AUTÓMATA 6.- Fuxindo furibundos, rencorosos de espanto, estremecidos, bébedos, despavoridos, saqueados, xa medio mortos para perderse definitivamente.

AUTÓMATA 7.- Fuxindo dos pesadelos, do espanto, loucos, estremecidos, pasmados, pasados, pasantes, pasalongos, pasamedos, pasamiras, pasamoras, pasapatos, pasaquedos, pasarredes, pasatoupas...

AUTÓMATA 8.- Fuxindo despavoridos na escuridade, fuxindo do espanto, furibundos, cheos de rencores, estremecidos polos pesadelos, acosados polas máquinas criminais para perderse, perdedores, perdidos, pérfidos, perfourados, perturbados...

AUTÓMATA 9.- Fuxindo cegos, despavoridos, estremecidos, furibundos, furtivos, murchos, oblícuos, esquencidos, esnaquizados, estrelados, estropeados, estresados...

AUTÓMATA 10.- Fuxindo furibundos, rencorosos, cheos de espanto, estremecidos, fartos de saberes fríos, lóxicos, lonxanos, lonvevos, lonxícuos...

AUTÓMATA 11.- Fuxindo despavoridos de espanto, estremecidos, furibundos, cheos de rencores que xa non se sabe de onde veñen.

AUTÓMATA 12.- Fuxindo despavoridos das máquinas que eles mesmos inventaron, pesadelos, furibundos, rencores, mortos, para perderse guerras, máscaras, negras, pechados...


F I N