1
O home do sombreiro levaba un pantalón verde; o de cabelo cano ollaba o reloxo con frecuencia; a muller que estaba a súa dereita era zurda e a que estaba enfrente lía unha revista de moda; todos tomaban café, agás o que se sentaba xunto á fiestra que bebía un refresco de laranxa...
2
Un home delgado ía en bicicleta, levaba unha camiseta azul e unhas
zapatillas descoloridas; cicais tamén levaba gafas ou un sombreiro; non me
lembro ben, pero era luns, non chovía e na canle 973 repoñían unha película de
Anthony Quinn.
3
Un pouco de misterio:
Grupos de curiosos agardaban a súa quenda para situarse no
punto exacto desde o que se vislumbraba a traverso dos cristais unha estrana
figura, inmóbel no centro da galería de arte da rúa dos Almirantes.
Desde calquera outra perspectiva a sá somellaba completamente
baleira, tal como a deixaran os seus últimos propietarios.
4
Cando pasaron por diante da tenda ollaron un para o outro e sorriron: entre os valiosos obxectos do diseño máis vanguardista expostos para a venta atopábanse unha botella de lexivia e unha fotonovela de Corín Tellado que mostraba sinais evidentes de ter pasado por moitas mans. Por fin atoparan algo que lles resultaba familiar...