No vóo de Santiago a Barcelona perdéronme a equipaxe; ó chegar ó destiño atopéime co posto decatándome de que un só é verdadeiramente libre cando leva as ansias consigo; así que o que pode facturar tódalas súas ansias ten a liberdade ó alcance da man.
Mostrando entradas con la etiqueta textos. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de enero de 2010
Minitextos
O libro non era de xeografía; era de matemáticas; regaláranmo polo meu cumpleanos, ademais dunha carteira e unhas lubas; todo ilo de segunda man, pero meticulosamente envolto por unhas delicadas mans femininas nun exquisito papel de regalo.
sábado, 2 de enero de 2010
Minitextos
Estando en la ventana asó un hombrte en bicicleta;
llevaba una camisa roja y la cabeza descubierta.
El ascensor está averiado, el agua está cortada,
luce el Sol a medianoche y on las seis de la mañana.
Alfonso ten un cofre cheo de moedas;
o cofre mercouno en Alacante e as moedas caíronlle do ceo.
Na casa de Marcela hai unha pantasma que aparece as noites de lúa chea
e agocha tódalas cuncas debaixo da cama.

viernes, 1 de enero de 2010
Minitextos
Na ventá de enfronte só vexo un sombreiro;
o home perdeu a cabeza;
Una pareja entró en un restaurante
y pidió saturnino silvestre y sandino salado;
El palacio está en calma; en el comedor alfombrado los invitados guardan silencio;
Teño dous galos e seis galiñas, todos no mesmo galiñeiro;
os galos cantan ó mencer e as galiñas déitanse cedo.
Un barco con noventa pasaxeiros naufragou na ría de Muros;
eran as catro da tard e o capitán fumaba puros.

sábado, 12 de diciembre de 2009
Edgar Allan Poe: A CARTA ROUBADA
Lectura de A carta roubada na sede da Fundación Eugenio Granell, maio 2009

Traducción ó galego: Eva Varela
Adaptación: María Montaña
NARRADOR.- Ó anoitecer dunha tarde escura e tormentosa no outono de 18…., atopábame en París, gozando da voluptuosidade da meditación e dunha pipa de espuma de mar, na compaña do meu amigo C. Auguste Dupin, nun pequeno cuarto, no terceiro andar do Nº 33, da rúa Dunot, no faubourg Saint Germain. Durante máis dunha hora gardamos silencio; exclusivamente ocupados coas volutas de fume que viciaban a atmósfera do cuarto.
NARRADOR.- Eu aínda estaba discutindo mentalmente certos tópicos referidos ó asunto da rúa Morgue e o misterio do asasinato de Marie Rogét. Considerábaos dalgún xeito coincidentes, cando a porta da habitación se abriu para dar paso a monsieur G***, o prefecto da policía parisina.
NARRADOR.- Démoslle a benvida porque había varios anos que non o viámos. Estabamos ás escuras cando chegou, e Dupin levantouse para acender unha lampada; pero voltou sentar por que G*** dixo que fora a consultarnos acerca dun asunto oficial.
NARRADOR.- ¿E cal é a dificultade agora? Espero que non sexa outro asasinato.
PREFECTO.- ¡Ou! non, nada diso. O asunto é moi simple e non teño dúbida de que poderemos manexalo ben nós sós; pero pensei que a Dupin llegustaría coñecer os detalles porque é un caso singular!...
DUPIN.- Simple e singular.
PREFECTO.- Sucede que fomos desconcertados porque o asunto é tan sinxelo, e, nembergantes confúndenos a todos.
DUPIN.- Quizais é precisamente a sinxeleza o que o desconcerta.
PREFECTO.- Oh! polas ánimas do! ... quen ouvíu endexamais unha idea semellante!
DUPIN.- Demasiado evidente.
PREFECTO.- Ja! ja! ja!... jo! jo! jo! Oh, Dupin, vostede vaime a facer reventar coa risa.
NARRADOR.- ¿E cal é, por fin, o asunto en cuestión?
PREFECTO.- Direillo en poucas palabras; pero advertireille que é un asunto que demanda a maior reserva, e que perdería o meu posto se se soubese que llo confiei a alguén.
NARRADOR.- Continuemos.
PREFECTO.- De acordo; recibín un informe dun altísimo personaxe, de que roubaron un documento da maior importancia das habitacións reais. O individuo que o roubou é coñecido; non hai a máis mínima dúbida: foi visto no acto de collelo. Sábese tamén que continúa aínda no seu poder.
DUPIN.- ¿Como se sabe isto?
PREFECTO.- Deduciuse da natureza do documento e da non aparición de certos resultados que terían lugar de súpeto se pasase a outras mans; é dicir, a causa do uso que se faría del, no caso de empregalo.
NARRADOR.- Sexa vostede un pouco máis explícito.
PREFECTO.- Ben, podo afirmar que o papel en cuestión dá ó seu posuidor certo poder nunha certa parte, onde tal poder é inmensamente valioso.
DUPIN.- Aínda non lle comprendo ben.
PREFECTO.- ¿Non? Bon; a predestinación do papel a unha terceira persoa porá en cuestión a honra dun personaxe da máis elevada posición; e este feito dá ó posuidor do documento un ascendiente sobre o ilustre personaxe, de xeito que a súa honra e tranquilidade están así comprometidos.
NARRADOR.- Pero este ascendente dependería de que o ladrón saiba que a devandita persoa o coñece. ¿Quen se atreveu?...
PREFECTO.- O ladrón é o ministro D***, que se atreve a todo. O método do roubo non foi menos enxeñioso que arriscado. O documento en cuestión, unha carta, fora recibido polo personaxe roubado estando só no boudoir real. Mentres que a lía, foi repentinamente interrompido pola entrada doutro elevado personaxe, a quen desexaba especialmente ocultarllela. Despois dunha vana tentativa de agochala nunha gaveta, viuse forzado a colocala, aberta como estaba, sobre unha mesa. A dirección quedaba á vista. Neste momento entrou o ministro D***.
PREFECTO.- Os seus ollos de lince perciben inmediatamente o papel, recoñecen a letra da dirección, observa a confusión do personaxe a quen se dirixía e penetra o seu segredo. Despois saca unha carta algo parecida á outra e colócaa en estreita xustaposición coa que cobizaba. Ponse a conversar sobre asuntos públicos e, por último, colle da mesa a carta que non lle pertence. O seu lexítimo dono velle, pero non se atreve a chama-la atención en presenza do terceiro personaxe que estaba ó seu lado. O ministro marchouse deixando a súa carta, que non era de importancia, sobre a mesa.
DUPIN.- Así que o ladrón sabe que é coñecido do dono do papel.
PREFECTO- Si; e o poder así acadado nos últimos meses foi empregado con obxectivos políticos, ata un punto moi perigoso. O personaxe roubado convéncese cada día máis da necesidade de reclamar a súa carta. Pero isto non pode ser feito abertamente. En fin, reducido á desesperación, encomendoume o asunto.
NARRADOR.- Está claro que a carta está ainda en posesión do ministro, posto que é esta posesión o que confire á carta o seu poder.
PREFECTO.- Certo. O meu primeiro coidado foi facer un rexistro completo da residencia do ministro.
NARRADOR.- Pero vostede atópase ó tanto deste tipo de investigaciones.
PREFECTO.- Xa o creo. Os costumes do ministro danme unha gran ventaxa Está frecuentemente ausente da súa casa toda a noite. Os seus serventes non son numerosos. Durmen a unha gran distancia das habitacións do seu amo e embriáganse con facilidade. Teño chaves coas que podo abrir calquera cuarto ou gabinete de París. Durante tres meses, non pasou unha noite sen que estivera empeñado en escudriñar a mansión de D***. A miña honra está en xogo e a recompensa é enorme. Por iso non abandonei a partida ata convencerme de que o ladrón é mais astuto que eu. Investiguei todos os recunchos e escondrixos nos que é posible que o papel poida estar agochado.
NARRADOR.- Pero, ¿non é posible que a agochase nalgunha parte fóra da súa casa?
DUPIN.- É pouco probable. As intrigas nas que D*** está envolto, esixen a posibilidade de que sexa exhibido nun momento dado, algo de tanta importancia como a súa posesión.
NARRADOR.- Supoño que podemos descartar a hipótese de que o ministro o leve enriba.
PREFECTO.- Enteiramente. Foi dúas veces asaltado ladróns, e a súa persoa rigorosamente rexistrada baixo a miña propia inspección.
DUPIN.- Podíase vostede aforrar ese traballo. Presumo que D***, non está tolo do todo; e debe prever esas celadas; iso é claro.
PREFECTO.- Non está tolo de todo, pero é un poeta, polo que considero que está só a un paso da tolemia.
NARRADOR.- Supoñamos que vostede nos detalla as particularidades da súa investigación.
PREFECTO.- Os feitos son estes: buscamos en todas partes. Percorrín todo o edificio, cuarto por cuarto. Examinamos primeiro o mobiliario. Abrimos tódolos caixóns posibles; e vostede sabe que, para un exercitado axente de policía, son imposibles os caixóns secretos. Calquera que permita que se lle escape un caixón secreto é un parvo. Despois do gabinete, consideramos as cadeiras. As almofadas foron examinadas con esas delgadas e longas agullas que vostede me viu empregar. Das mesas, removemos as táboas superiores.
NARRADOR.- ¿Por que?
PREFECTO.- Algunhas veces a táboa dunha mesa ou outra peza de mobiliario, é levantada pola persoa que desexa ocultar un obxecto; entón a pata é escavada, o obxecto depositado dentro desa cavidade e a táboa volta a colocar.
NARRADOR.- Pero, ¿a cavidade non podería ser detectada polo son?
PREFECTO.- De ningunha maneira, se cando ó redor do obxecto depositado se coloca unha cantidade suficiente de algodón en rama. Ademáis, estábamos obligados a proceder sen ruidos.
NARRADOR.- Pero non poideron facer anacos tódolas pezas de mobiliario nas que fose posible agochar un obxeto. Una carta pode comprimirse ata facer un delgado cilindro en espiral, non diferindo moito dunha agulla para facer calceta, e introducirse no travesaño dunha cadeira, por exemplo. Non romperon vostedes tódalas cadeiras, ¿non si?
PREFECTO.- Certamente que non; pero fixemos algo mellor: examinamolos travesaños de cada cadeira, e tódolos puntos de unión de tódolos mobles coa axuda dun potente microscopio. Si houbese algunha pegada notaríamola instantáneamente. Un só grao do serrín sería tan visible coma unha mazá.
NARRADOR.- Observarían vostedes os espellos e examinarían as roupas das camas, así coma as cortinas e as alfombras...
PREFECTO.- Iso, desde logo; e cando xa rexistramos absolutamente todo o mobiliario, examinamos a casa mesma e, incluso, as dúas casas veciñas, co microscopio, coma antes.
NARRADOR.- ¿Incluiron vostedes os terreos das casas?
PREFECTO.- Tódolos terreos están enladrillados. Examinamos o brión das xuntas dos labrillos e non atopamos indicio de que o tocaran.
NARRADOR.- ¿Buscaron vostedes entre os papeis de D***, e entre os libros da súa biblioteca?
PREFECTO.- Certamente; abrimos tódolos libros, demos volta a tódalas follas de tódolos volumes, non contentándonos cunha sinxela sacudida deles, e aplicamos a cada un o máis celoso exame co microscopio. Se calquera das encadernacións fose tocada para agochar a carta, sería imposible que escapase á nosa observación.
NARRADOR.- ¿Rexistraron o chan, debaixo das alfombras?
PREFECTO.- Sen dúbida. Removemos tódalas alfombras, e examinámo-los bordes co microscopio.
NARRADOR. - ¿E o papel das paredes?
PREFECTO.- Tamén.
NARRADOR. - ¿ Buscaron nos sotos?
PREFECTO.- Si
NARRADOR.- Entón a carta non se atopa entre as posesións do ministro.
PREFECTO.- Temo que teña razón. E agora, Dupin, ¿qué me aconsella que faga?
DUPIN.- Facer unha nova revisión da casa do ministro.
PREFECTO.- Estou tan seguro como que respiro, de que a carta non está na casa.
DUPIN.- Pois non teño mellor consello que darlle. Terá vostede unha coidadosa descrición da carta.
PREFECTO.- Xa o creo!
NARRADOR.- O prefecto leunos un minucioso informe da carta, especialmente da aparencia do documento. Pouco despois, colleu o seu chapeu e foise, moi desalentado.
(pausa)
NARRADOR.- Xa pasara preto dun mes, cando nos fixo outra visita, atopándonos ocupados da mesma maneira que a outra vez. Colleu unha pipa e unha cadeira, e iniciou unha conversa sobre cousas ordinarias. Por último, díxenlle:
NARRADOR.- E ben, señor G***, ¿que hai sobre a carta roubada? Presumo que vostede se convenceu de que non hai cousa máis difícil que sorprender ó ministro.
PREFECTO.- ¡Que o diaño o confunda! Esa é a verdade; fixen o novo exame, como Dupin me aconsellou, pero foi tempo perdido, como eu supuña.
DUPIN.- ¿A canto ascende a recompensa ofrecida?
PREFECTO.- ¿Canto? Unha gran cantidade; non quero dicir canto exactamente, pero estaría disposto a dar un cheque coa miña firma por cincuenta mil francos a quen me entregase a carta.
DUPIN.- Vexamos; penso, G***, que vostede non fixo todo o que podía neste asunto. ¿Non cree que podería facer un pouco máis?
PREFECTO.- ¿De que xeito?
DUPIN.- Pst! creo, puff, puff, que vostede podería, puff, puff, pedir consello sobre este asunto; puff, puff. ¿Acórdase vostede do que se conta de Abernethy?
PREFECTO.- ¡Non! ¡Ó diaño co seu Abernethy!
DUPIN.- Unha vez, certo ricachón moi avaro concibiu a idea de obter dese Abernethy unha opinión médica gratis. Procurando estar só con él nunha conversa corrente, insinuoulle o seu propio caso como o dun individuo imaxinario. “Supoñamos- dixo o rañas -, que os seus síntomas son tales e tales; agora doutor, ¿que lle aconsellaría vostede? ¿Que lle aconsellaría? -dixo Abernethy-; psh! que vise a un médico”.
PREFECTO.- Pero eu estou disposto a pagar. Daría de verdade cincuenta mil francos a calquera que me axudase.
DUPIN.- Nese caso pode vostede facerme un cheque pola cantidade mencionada. Cando o asine, entregareille a carta.
NARRADOR.- Quedei estupefacto. O prefecto parecía como ferido por un raio. Durante algúns minutos permaneceu mirando ó meu amigo coa boca aberta e os ollos parecían saltarlle das órbitas; despois, colleu unha pluma e asinou un cheque por 50.000 francos, e alcanzoullo a Dupin. Este gardouno na súa carteira; despois colleu do escritorio unha carta e entregouna ao prefecto. O funcionario abalanzouse sobre ela, abriuna coa man trémula, botou unha ollada ó seu contido, e entón, abriu a porta e saliu sen pronunciar unha sílaba.
NARRADOR.- Cando quedamos nós sós, o meu amigo consentiu en darme explicacións.
DUPIN.- A policía de París é sumamente boa na súa especialidade, astuta e perfectamente versada nos coñecementos que os seus deberes necesitan. Así, cando G*** nos detallou o modo de rexistrar a casa de D***, tiven plena confianza en que practicara unha investigación satisfactoria. Se a carta estivese aochada no radio desa pescuda os axentes, atoparíana.
DUPIN.- As medidas eran boas e ben executadas; o seu defecto estaba en que eran inaplicables ó caso e ó home. O prefecto e tódala súa cohorte fracasan tan frecuentemente por non medi-la intelixencia coa que se miden. Non teñen variación de principio nas súas investigacións; o máis que fan é extender o esaxerar as súas vellas rutinas, sen modificar os seus principios. G*** dá por sentado que tódolos homes que queren ocultar unha carta, fano nalgún oculto buraco. ¿E non ve vostede que tales recunchos para ocultar empréganse unicamente nas ocasións ordinarias, e só son adoptados por intelixencias ordinarias?
DUPIN.- Este funcionario foi completamente enganado; e o seu fracaso reside na suposición de que o ministro é un tolo porque adquiriu fama como poeta. Tódolos tolos son poetas; isto é o que cree o prefecto, e é sinxelamente culpable dun non distributio medii ó inferir por iso que tódolos poetas son tolos.
NARRADOR.- Pero, ¿trátase realmente do poeta? Hai dous irmáns, e o ministro, creo, escribiu doctamente sobre cálculo diferencial. É un matemático e non un poeta.
DUPIN. – É ambas cousas. Como poeta e matemático, razoaría ben; como simple matemático non razoaría absolutamente, e estaría á mercede do prefecto.
NARRADOR.- A razón matemática sempre foi considerada como a razón por excelencia.
DUPIN.- Os matemáticos fixeron canto lles foi posible para difundir o erro popular ó que vostede alude. Se o ministro non fose máis nada que un matemático, o prefecto non tería necesidade de darme este cheque. Eu coñecíao como matemático e como poeta, e as miñas medidas foron adaptadas á súa capacidade e ás circunstancias das que estaba rodeado. Coñecíao coma un cortesán, e ademáis coma un intrigante. Un home así debe coñece-los métodos de acción da policía. Debeu prever as investigacións da súa casa. As súas frecuentes ausencias nocturnas, foron astucias para procurar á policía a oportunidade de facer un rexistro completo, e facerlles chegar á convicción de que a carta non estaba en casa.
DUPIN.- Comprendín que tódalas ideas relativas as pescudas de obxectos agochados pasarían pola mente do ministro. Sabía que os máis intrincados segredos da súa mansión terían un acceso tan sinxelo coma os rincons máis vulgares, ós ollos, ós exames e ós microscopios do prefecto. Lembrará vostede con canta gana riu o prefecto, cando lle suxerín que era posible que este misterio o perturbase tanto por ser o seu descubrimento demasiado evidente.
NARRADOR.- Si, recordo ben a súa hilariedade.
DUPIN.- O prefecto nunca creu posible que o ministro deixase a carta debaixo das narices de todo o mundo, a fin de impedir que unha parte dese mundo poidese vela. Pero eu, canto máis reflexionaba, máis convencido quedaba de que para agochar aquela carta o ministro recorrería ó sagaz expediente de non tratar de agochala absolutamente.
DUPIN.- Convencido destas ideas, púxenme as miñas lentes verdes e como por casualidade, entrei na casa do ministro. Atopei a D*** bostezando, falando insustancialmente, coma de costume. Comecei por queixarme dos meus débiles ollos, e lamentei a necesidade de usar lentes, mentres examinaba coidadosamente todo o cuarto sen levantar sospeitas. Prestei especial atención a unha mesa-escritorio, sobre a que había espalladas confusamente cartas e outros papeis, instrumentos de música e algúns libros. Non vin nada capaz de provocar as miñas sospeitas. Por último, os meus ollos pousáronse sobre un tarxeteiro de cartón, colocado sobre a repisa da cheminea. No tarxeteiro había seis ou sete cartóns de visita e unha solitaria carta. Estaba moi manchada e enrrugada. Achábase rota case en dous, coma se unha primeira intención de facerla anacos fose mudada. Tiña un gran selo negro, moi visible, e o sobre escrito e dirixido ó mesmo ministro revelaba unha letra miuda e feminina.
DUPIN.- Non ben descubrín a carta, comprendín que era a que andaba buscando. En verdade, era radicalmente distinta a que o prefecto describira tan minuciosamente. Aquí o selo era grande e negro, na outra era pequeno e vermello. Aquí a dirección do ministro era diminuta e feminina; na outra a letra era enérxica e decidida; o tamaño era o único punto de semellanza. Pero as diferenzas eran excesivas e reveladoras da intención de dar unha idea da insignificancia do documento. Demorei a miña visita tanto como puiden , mentres mantiña unha discusión co ministro, pero o meu interés estaba sobre a carta. Rexistrando coa vista os bordes do papel, notei que estaban máis chafados do necesario. Presentaban unha aparencia que resulta de cando un papel liso, sendo unha vez dobrado, é volto a dobrar nunha dirección contraria. A carta fora dada volta, o de adentro para afora; unha nova dirección e un novo selo fóranlle agregados. Din os bos días ó ministro, e marcheime abandonando sobre a mesa unha tabaqueira de ouro. Á mañá seguinte fun en busca da tabaqueira, e renovamos a conversa do día anterior, cando ouvimos un forte disparo na rúa. D*** lanzouse a unha das fiestras, abriuna e mirou para fóra. Mentres, collín a carta, metina no meu peto e substituína por un facsímile que preparara na casa. O tumulto na rúa ocasionarao un home a quen eu lle pagara uns francos.
NARRADOR.- Pero, ¿non sería mellor, na primeira visita, arrebatala abertamente e saír con ela?
DUPIN.- D*** é un home arroxado e valente. Se fixera eu iso que vostede suxire, xámais sairía vivo dalí. Pero tiña unha segunda intención, á parte diso. Neste asunto, obrei coma partidario da dama comprometida. Durante dezaoito meses o ministro tívoa no seu poder, ela é a que o ten agora a el no seu; como D*** non sabe que a carta non está xa no seu tarxeteiro, proseguirá coas súas presións coma se a tivese. Así provocará, él mesmo, a súa ruína política. A súa caída, ademais, será tan precipitada coma ridícula. D*** é ese monstrum horrendum, o home de xenio sen principios. Confeso que me gustaría moito coñecer o carácter dos seus pensamentos candose vexa forzado a abrir a carta que lle deixei para él no tarxeteiro.
NARRADOR.- ¿Cómo? ¿Escribiu vostede algo particular nela?
DUPIN.- Claro. Non parecía do todo ben deixala en branco; pensei que sentiría alguna curiosidade respecto á identidade da persoa que o descobreu e deixeille un indicio para que a coñecera.Como coñece perfectamente a miña letra, limiteime a copiar en medio da páxina estas palabras:
... Unha intención tan funesta, se non é digna de Atreo, é digna de Tieste, que se poden atopar no Atreo de Crébillon.

Etiquetas:
a carta rouba,
Edgar Allan Poe,
textos
sábado, 24 de octubre de 2009
Ó redor do tres
Aniversario do nacemento de Eugenio Granell,
29 de novembro (2008)
O meu papá, a miña mamá e máis eu sumamos tres que, con outros tres fan trinta e tres, a idade de Cristo menos un mes, pero non somos a Sagrada Familia; vivimos no terceiro piso do número tres da rúa dos Tercios de Flandes, formando o triunvirato que goberna a nosa casa.
Meu pai, que se chama Tricomedes, de neno aprendera de memoria o conto dos tres porquiños e pedíralle un triciclo ós tres Reis Magos; lera “Os tres mosqueteros” que, por certo, non levaban tricornio, ó mesmo tempo que estudaba trigonometría; desde que sofrira unhas terciarias, compón tercetos que vende a tres euros (cinco centas pesetas das de antes) tres veces ó ano.
Últimamente pasa o tempo contemplando a foto dos tres das Azores e pensa no dito “Tres eran tres las hijas de Helena, tres eran tres y ninguna era buena”; pero, coida el, a ese trío calavera, que non son máis que tres pés para un banco, non merece a pena mandarlleles un foguete de tres estalos. É preferible poñer un disco da Trinca ou contempla-lo cuadro das Tres Gracias; ou millor aínda, recordar anécdotas das Tres en Punto, tamén chamadas Marías, que nada teñen que ver coas tres que estiveran ó pé do Calvario.
A miña nai, Trigesmunda, góstanlle as cancións do trío Los Panchos e dos Tres Sudamericanos, que din aquilo de “tres cosas hay en la vida; salud, dinero y amor”; veu tres veces “El tercer hombre”, é capaz de dar un triple salto mortal sobre unha trepia axudándose dun tridente e sempre leva na manga un trío de ases.
E Trilodoro, que son eu e sofro triscaidecafobia desde os tres anos, vou á catequese e tento comprende-lo misterio da Santísima Trinidade, Pai, Fillo e Espíritu Santo, que sempre aparecen representados por un triángulo; lembro a diario que as Virtudes Teologais son tres: Fe, Esperanza e Caridade e fago todo o posible por triplica-la miña escasa paga semanal para mercar unha pelota tridimensional e non ter que xogar sempre ó tres en raia con Trifón e Trifina que ¡forman cada trifulca!
A.C. Para o desenvolvemento sen fronteiras

miércoles, 16 de septiembre de 2009
Homenaxe a Eugenio Granell
UN TEXTO DE ELABORACIÓN PROPIA PARA A PARTICIPACIÓN NUNHA HOMENAXE A EUGENIO GRANELL
“OS AUTÓMATAS DA QUINTA XERACIÓN”
por María Montaña
AUTÓMATA 1.- Desde o noso pazo inmenso e confortable, construído durante centos e centos de anos polos mortais cos seus soños e esperanzas, contemplamos impasibles ós homes coa axuda dos raios delta. Vémolos fuxindo de futuros incertos, creados por feroces máquinas estranas, para perderse en longas ringleiras infindas, os ollos estremecidos, resoando os seus berros desgarrados nunha noite escura, sen fin.
AUTÓMATA 3.- A salvo da saudade e das paixóns que os humanos se empeñan en cultivar, coa lucidez da perfección que nos foi dada polos propios homes, somos testemuñas da súa inútil rebeldía.
AUTÓMATA 12.- ¿Por que fuxen do seu propio mundo? ¿Cando perderon o norte do seu progreso? ¿Cando empezaron a añora-los prados, os verdes montes, a area, o mar o sol, a lúa, as estrelas, o arco da vella?
AUTÓMATA 10.- ¿Cando se decataron de estar encerrados entre as paredes da mecánica, a dinámica, a cinética, a cibernética, a ortografía, a hidraúlica, a física cuántica, a informática, a ortoxénese, a xenética, a monogamia...?
AUTÓMATA 2.- Agora fuxen coma negros; familias enteiras, nais, pais, fillos, netos, avoas de seos murchados, avós encorvados, todos atormentados supetamente polos ruídos que antes os arrolaron.
AUTÓMATA 1.- Vémolos fuxindo de futuros incertos, coma negros, acorralados agora polas súas propias obras, feitas coas súas mans delicadas ou coas súas torpes mans, enxendros que dan voltas e voltas e voltas.
AUTÓMATA 3.- Fuxindo para perderse para sempre nunha longa noite, escura, sen estrelas, sen fin, peregrinos nun mundo noxento, atrapados polas faces do nunca visto.
TODOS.- Fuxindo.
AUTÓMATA 2.- Fuxindo de máquinas estranas, capaces de crear futuros incertos, terribles: aspiradoras, lavavaixelas, ventiladores, videos, máquinas de coser, tocadiscos, lavadoras, locomotoras, televisores, teléfonos, aspiradoras, máquinas de coser, tocadiscos, lavadoras, locomotoras, televisores, aspiradoras, lavavaixelas, ventiladores, coitelos eléctricos, computadoras, locomotoras, ascensores, tocadiscos, máquinas de coser, muíños, ventiladores, videos, lavavaixelas, lavadoras, tocadiscos, máquinas de coser, computadoras...
AUTÓMATA 3.- Pobres humanos, fuxindo feroces, iracundos, cheos de espanto, xa sen poder chorar porque non teñen bágoas.
AUTÓMATA 4.- Fuxindo de máquinas estranas, enormes paxaros de aceiro que sobrevoan as augas fétidas nas que se acumulan vidóns, plásticos, bulsas de lixo, latas, papeis, cartóns, chapas, caixas, botes, botellas, bolas, boletíns, votos, botas, vocais, voces, bocetos, boquetes, botóns, bosta...
AUTÓMATA 12.- Bocas, bocados, bocinas, volantes, voluntarios, bolos, bois, boliches, borralla, volumes, bolígrafos, bondades, vontades, bostezos...
AUTÓMATA 1.- Fuxindo feroces, cos ollos estremecidos, famélicos, tremando famentos, feroces, felinos, frustrados, defenestrados, despilfarrados, desorganizados...
AUTÓMATA 5.- Fuxindo coma negros, mollados, resoando os seus berros no silencio da noite escura, sen mencer, sen porvir.
AUTÓMATA 3.- Fuxindo de futuros incertos e de feroces máquinas estranas para perderse nas longas soedades infindas, descontentos, destartalados, destetados, despóticos, desparramados, descarados, desconcertados, desgraciados, desbocados, despreciados, destruídos, despeñados, desempleados...
AUTÓMATA 4.- Correndo, despavoridos, para perderse na noite artificial xerada polo lixo espacial, case mortos, cos ollos estremecidos, berrando feroces diante dos artiluxios xordos, mecánicos, perfectos...
TODOS.- Correndo coma negros, perdidos.
AUTÓMATA 6.- Fuxindo de futuros incertos, sen estrelas que os guien, vixilados por miles de ollos artificiais, perfectos, secos, inexpresivos, prácticos, sintéticos, analíticos, cuantificadores, codificadores...
AUTÓMATA 8.- Correndo despavoridos, sen metas, formando longas ringleiras escuras, a cabalo uns, outros a pé, algúns case núos, atravesando os camiños abandoados, as leiras segadas, os ríos contaminados, os carreiros esquencidos...
AUTÓMATA 3.- A pé, a cabalo, a lombos de mula, furibundos, perseguidos por centos de reloxos dixitais, máquinas sumadoras, aspiradoras, lavadoras, locomotoras, computadoras, lavavaixelas, coitelos eléctricos, secadores de cabelo, neveras, modens, serras eléctricas, taladros, perforadoras, radares, teclados, voltímetros, contadores, amperímetros, decibelios, cabalos de vapor, soldadores, exprimidores, licuadoras, kilopondios, barridos...
AUTÓMATA 7.- Fuxindo de futuros incertos para perderse na soedade da noite sen lúa, sen metas, sen porvir.
AUTÓMATA 2.- Fuxindo feroces, cos ollos estremecidos, das soedades infindas creadas por máquinas estranas para perderse para sempre.
AUTÓMATA 4.- Fuxindo despavoridos de máquinas estranas, enormes: taladros, caladoras, reloxos, muíños, cepilladoras, empacadoras, lomoestes, cabalontas, contametas, verdómetros, pulidoras, barómetros, barrógrafos, monolitos, caixeiros, podadoras, auriculares, fonógrafos, chipes...
AUTÓMATA 6.- Fuxindo despavoridos de máquinas estranas, de paxaros de aceiro que sobrevoan as augas...
AUTÓMATA 1.- Fuxindo de futuros incertos, feroces, cos ollos estremecidos, desconcertados, desgraciados, desbocados, despreciados, desvinculados, despeñados, desempleados, mollados...
TODOS.- Fuxindo.
AUTÓMATA 2.- Estremecidos no ocaso bermello, bébedos de espantos, acosados polos temores sen nome, caíndo sobre as pedras grises para erguerse murchados, pero máis cheos de rebeldía que nunca.
AUTÓMATA 4.- En longas ringleiras, loucos de fame, ateridos de frío baixo a densa chuvia negra de parafusas, pinzas, xeringas, cornómetros, rodas, latas, libros, pilas, onomatopeias, coreografías, consentimentos...
TODOS.- Acosados polo sen-sentido, tremantes.
AUTÓMATA 9.- Reducidos polos centos de tocadiscos, os reloxos portentosos, os lavavaixelas, os videos, muíños, calculadoras, motores, mesas intelixentes, tragaperras, formigoneiras, montacargas, funiculares, afeitadoras, motoserras, malladoras, pianos eléctricos, microscopios, máquinas de frío, taladradoras...
AUTÓMATA 1.- Todo o acumulado polos homes durante anos e anos: cepilladoras, monecos a pilas, segadoras, radares, fotocopiadoras, taladros, grapadoras, muíños, cronómetros, aerógrafos, fonendos, impresoras, motores de explosión, camións-cisternas, entelequias...
AUTÓMATA 10.- Ascensores, cadeiras eléctricas, arcos voltaicos, pontes colgantes, xeo artificial, olas a presión, pianos mecánicos, teléfonos, lavadoras, tocadiscos, locomotoras, aspiradoras, conxeladores, segadoras, muíños eléctricos, fresadoras, tractores, sementadoras, fumigadoras, taladros, paleadoras, grúas, microondas, timbres, traxes rubricados, pulidoras, autoclaves, tacógrafos, polos, taladros, caladoras...
AUTÓMATA 3.- Fuxindo do desamor, dos cárceres invisibles, xordos, noxentos, rifando como feras por un pouco de áer fresco, de barro que se barra, ansiando a choiva fría.
AUTÓMATA 6.- Fuxindo de futuros incertos creados por centos de despertadores, tarxetas de crédito, faxes, contestadores, telescopios, contadores, televisores, pantallas panorámicas, proxectores, axendas electrónicas, cronómetros, microondas, vehículos teledirixidos, sulfatadoras, cortacéspedes, palas, lavadoras, ordeñadoras, desbrozadoras, auriculares, frigoríficos...
AUTÓMATA 11.- Ateridos polo medo ás palabras incomprensibles, á cibernética, ó espacio virtual, ós antivirus, ós estudos de viabilidade, ás estadísticas, ós logotipos, ós acrónimos, ós códigos barrados, ás larinxoscopias, ós parámetros, paralelos, parapentes, paraninfos, paramentos, parasortes, á fermosura fría...
AUTÓMATA 12.- Fríos, rencorosos, sen alento, bermellos de raiba, bébedos de espanto, coma formigas en ringleira camiñando de espaldas ó leste, sempre rodeados polos vertedoiros, o lixo...
AUTÓMATA 9.- Sempre volvendo, volvendo sobre os mesmos pasos para despois retornar á longa ringleira anónima e ve-las mesmas faces famentas dos que non teñen outra vontade que atopa-lo sol, o mar coas augas vivas, rir, xogar baixo arcos de cores, chorar, recoñecer faces amigas, cheira-las rosas, escoita-lo canto da rula ou dunha serea prateada...
AUTÓMATA 8.- Embarrados, cansos baixo o peso dos fardos invisibles da utopía, os soños, a saudade, os afectos e a memoria, camiñando en ringleiras, xordos, feos, feroces, felinos, ollando ó lonxe por entrever un mañán baixo un ceo de lúa crara.
AUTÓMATA 5.- Camiñando sobre os mesmos pasos que outros diron para despois non ser máis que pantasmas, noxentos, no ocaso, baixo a chuvia de pianos preparados, reloxos, tesouras, farolas, electroencefalogramas, escáners, radiadores, bombonas, despertadores, quentadores, queimadores, inxenios, portentos, manómetros, olas a presión, radiadores, despertadores, disquetes, sobornos, estadísticas, datos, micrófonos, cascos, magnetófonos, magnetoscopios...
AUTÓMATA 7.- Termostatos, diáfanos, decágonos, polígonos, marcapasos, electrodos, protectores de pantalla, teclados, parachoques, parasempres, pararraios, paramentos, paralogos, parameses, parafaces, parachinas, parazorros, paraporras, plataformas, siglas...
AUTÓMATA 2.- Sen casas de seu, sen nada que facer nen ninguén a quen rezar porque nada saben de certo sobre eles mesmos, do pracer, da dor, do amor ou da amistade. Fartos de cliclear, picar, navegar, rubricar, administrar, controlar, comprimir, compensar...
AUTÓMATA 4.- Reducidos os seus sentidos a portacabelos, negros e negras saqueados, retorcidos os dedos por medos indecibles, xorobados, rebotados, antipáticos, telúricos, locomoestes...
AUTÓMATA 1.- Fuxindo despavoridos nas escuridades, cos ollos estremecidos de espanto, loucos, doentes, doridos, sonámbulos...
AUTÓMATA 3.- Fuxindo, mulleres de seos murchados, homes cegos, todos violentos, violentados, violados, vixilados, desarmados. ¿Ata onde chegará a súa rebeldía?
AUTÓMATA 6.- Fuxindo despavoridos, como loucos, cos ollos estremecidos, da cor do sangue, trastornados, minimizados, desasosegados, abochornados, humillados, febrís, parapléxicos...
AUTÓMATA 8.- Fuxindo de futuros incertos, feroces, cos ollos estremecidos, coas faces demudadas, sen metas, estériles, vivindo sen sabelo o seu propio ocaso dun xeito caótico, anacrónico, opaco...
AUTÓMATA 5.- Fuxindo de soedades infindas, cos ollos estremecidos, feroces, despavoridos, retorcidos, rebotados, regateados, regados, rezongados, repelidos, relegados, recónditos, reprochados, regresados, removidos...
AUTÓMATA 11.- Fuxindo xa case mortos por entre as xestas, os toxos...
AUTÓMATA 5.- Polos desertos que eles mesmos fixeron, polos camiños esquencidos, polas veredas de antaño.
AUTÓMATA 10.- Fuxindo despavoridos de máquinas estranas, feroces, pesadelos tanxibles, piratas perseguidores...
AUTÓMATA 8.- Fuxindo despavoridos de futuros incertos, cegos, como criminais bébedos, empurrados por ducias de licuadoras, amasadoras, batidoras, grapadoras, aspiradoras, mopas, quentadores, tragaperras, pinzas, computadoras, cedés, mandos a distancia, radiadores, deshumidificadores, ventiladores, destiladoras, amplificadores, compactos, abrelatas, descodificadores, altavoces, cascanoces, anestésicos, barrógrafos, barrolitos, pantográfos, velocípedos, reostatos, chintófanos, satélites, centímetros, decálogos, antisépticos...
AUTÓMATA 11.- Fuxindo despavoridos, xa case mortos, errantes, cos ollos estremecidos, en longas ringleiras, tristes, azuis, sen alento, perseguidos, perturbados, perdidos, perxudicados...
AUTÓMATA 12.- Fuxindo despavoridos, furibundos, cos ollos estremecidos, das soedades infindas creadas por centos de olas a presión, agullas hipodérmicas, auriculares, letreiros luminosos, gráficos, cifras, pechaduras codificadas, acrónimos, misís, servidores, microchipes, altavoces, programas, sinfonías, pianos preparados, computadoras, quentadores, queimadores...
AUTÓMATA 9.- Fuxindo despavoridos, sen metas, cos ollos estremecidos, aturdidos, atolondrados, atontados, atestados, ateigados, atenazados, atemorizados...
AUTÓMATA 3.- Fuxindo de soedades infindas, cos ollos estremecidos, silenciados os seus berros por centos de máquinas estranas: bombonas, raios láser, farolas, cortadoras, portadoras, casadoras, mordedoras, sacabocados...
AUTÓMATA 2.- Fuxindo de soedades infindas, cos ollos estremecidos, case mortos, vivindo un ocaso interminable, infindo, indecible, intanxible, inmenso, infernal...
AUTÓMATA 5.- Fuxindo coma criminais de cárceres invisibles, sutís, gardadas por carceleiros sen face, acaso inexistentes, ocultos polas máscaras do progreso, do crecimento económico, da modernidade...
AUTÓMATA 4.- Fuxindo despavoridos, días tras día, cos ollos estremecidos, sen saber quen pode guia-los seus pasos ó vello paradiso simple, inxénuo, fermoso, verde, sen fume, sen temores.
AUTÓMATA 9.- Fuxindo de futuros incertos, suorosos, con pulmonías, febre, diarreas, bébedos, infelices, esquecidos, torpes, torpedeados...
(Tódolos autómatas falan á vez como se se lle foran acabando as baterías pouco a pouco)
AUTÓMATA 1.- Fuxindo furibundos das guerras estelares, das máscaras, bébedos de espanto, estremecidos polos pesadelos. Presionados na súa fuga por millares de datos, códigos de barras, referencias, informes, opas, monografías, números, gráficos, gramáticas, teosofías, litografías, especias, alopecias, diacronías...
AUTÓMATA 2.- Fuxindo cegos, despavoridos, deformes, das guerras galácticas, das máscaras metálicas, artificiais, dixitais; dos despilfarros, dos anfitrións, dos consellos, dos informes, anagramas, pentagramas, tangramas, ideogramas, cámaras...
AUTÓMATA 3.- Todos fuxindo despavoridos, estremecidos, furibundos, feroces, felinos, felpudos, feldespatos, felgondos, felípedos...
AUTÓMATA 4.- Fuxindo despavoridos de máquinas enormes e relocentes coma criminais bébedos, furibundos, rencorosos, rengos, renegados, derrengados, denegridos, degradados, denodados...
AUTÓMATA 5.- Fuxindo despavoridos, maldicindo a súa sorte, a que eles mesmos se otorgaron. Vémolos desde a nosa gran altura sofrir na escuridade, loucos, incapacitados, violentos, enfermos de medo, cegos, co sangue alborotado
AUTÓMATA 6.- Fuxindo furibundos, rencorosos de espanto, estremecidos, bébedos, despavoridos, saqueados, xa medio mortos para perderse definitivamente.
AUTÓMATA 7.- Fuxindo dos pesadelos, do espanto, loucos, estremecidos, pasmados, pasados, pasantes, pasalongos, pasamedos, pasamiras, pasamoras, pasapatos, pasaquedos, pasarredes, pasatoupas...
AUTÓMATA 8.- Fuxindo despavoridos na escuridade, fuxindo do espanto, furibundos, cheos de rencores, estremecidos polos pesadelos, acosados polas máquinas criminais para perderse, perdedores, perdidos, pérfidos, perfourados, perturbados...
AUTÓMATA 9.- Fuxindo cegos, despavoridos, estremecidos, furibundos, furtivos, murchos, oblícuos, esquencidos, esnaquizados, estrelados, estropeados, estresados...
AUTÓMATA 10.- Fuxindo furibundos, rencorosos, cheos de espanto, estremecidos, fartos de saberes fríos, lóxicos, lonxanos, lonvevos, lonxícuos...
AUTÓMATA 11.- Fuxindo despavoridos de espanto, estremecidos, furibundos, cheos de rencores que xa non se sabe de onde veñen.
AUTÓMATA 12.- Fuxindo despavoridos das máquinas que eles mesmos inventaron, pesadelos, furibundos, rencores, mortos, para perderse guerras, máscaras, negras, pechados...
F I N

Suscribirse a:
Entradas (Atom)