lunes, 23 de noviembre de 2009

A creatividade surrealista

O meu interés pola creatividade surrealista xurdeu da necesidade de atopar técnicas e recursos creativos que poideran ser empregados polas persoas maiores, calquera que fora o seu nivel de escolarización ou a súa formación inicial, para expresar ideas, sensacións, sentimentos, experiencias..., sen necesidade de recurrir a unha aprendizaxe longa e tediosa para a que non tiñan tempo nen disposición.
Se as persoas maiores precisaban unha pedagoxía propia no ido das actividades artísticas e literarias, o surrealismo facilitaba un riquísimo abano de posibilidades.
A súa heterodoxia no eido formal, a diversidade de técnicas e materiais e a utilización de obxectos de uso cotiá na obra creativa eran unha ferramenta moi útil nesta faceta do traballo con adultos maiores.
A ubicación en Santiago de Compostela da Fundación Eugenio Granell e tódalas posibilidades de colaboración que a Fundación nos brindou fixeron o resto. Ó longo dos anos, os adultos maiores fóronse familiarizando paulatinamente tanto coas técnicas, como coas obras surrelistas no eido da pintura e da literatura ata incorporalas como algo propio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario