sábado, 12 de diciembre de 2009

Cadáveres exquisitos

É unha técnica surrealista que tanto pode aplicarse á escritura como ó debuxo ou á pintura que se leva a cabo coa participación de tres persoas.
Dividimos a folla de papel, o cartón ou a cartulina en tres partes e plegamos. Escribimos, debuxamos ou pintamos na primeira parte e, no caso de tratarse dun texto, escribimos a última palabra na segunda parte, de xeito que o seguinte debe comeza-la súa aportación a partires desta. Farase o mesmo para pasar á terceira parte.
No caso dodebuxo ou da pintura, o primeiro debe deixar uns puntos de arranque para o segundo participante e este fará o mesmo para o terceiro, pois en ningún caso se pode coñecer o traballo dos outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario